O coche da curtametraxe semella ser familia da Christine de Stephen King, aquela que rodaba por América atropelando á xente que molestaba ao seu conductor ou a ela mesma, pero aquí supérase. Mentres que a outra arrollaba con furia e presteza ás súas vítimas, éste automóvil endemoniado saborea pausadamente o terror e o pánico que desata no iluso que garda a esperanza de poder vencer á máquina. Boa curtametraxe.
Friday, July 18, 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
4 comments:
Pobre do que queira 100 euros ...
A verdade é que o coche é algo cabrón, polo desproporcionado do castigo que infrinxe. En fin, que espero que vos animedes a comentar as curtas, que teñen moitas cousas pra comentar. Eu vouvos dar contestación ós vosos comentarios. vale, non son nadie como pra que vos enorgullezades de que vos conteste, pero polo menos dou resposta. Súados e gracias a todos os que nos visitan e aos que están por visitarnos.
moitas grazas por publicar a curta e por emprender o proxecto Curtamanía. Adiante!
Esperemos que continues con novas curtas. Dende Curtamanía ofrecémosche tódolos medios para promocionar os teus traballos. Un saúdo
Post a Comment