Tuesday, July 8, 2008

A miopía

A miopía do corazón é un mal eterno e multitudinario. Somos moitos, e foron, os que por obcecarnos en alguén esquecémonos de ollar ao noso redor para atopar o que buscamos. Seica é un comportamento universal, unha pandemia de desamor, de ceguera ante o que temos diante dos nosos ollos, ante o que coñecemos. Os dous mozos desta curtametraxe están a idealizar a outras persoas, as cales descoñecen, cando o amor está sentado ao seu carón.

A miopía é unha curtametraxe escrita e dirixida por David Pardo García.


1 comment:

José Barallobre said...

Unha pregunta. ¿Qué vos di qué falen do problema que xurdiu trala primeira guerra mundial e que desencadenou a segunda? A min paréceme que ten moito que ver co tema da curtametraxe, é coma unha comparación...Ahí vai, para quen queira tirar do fío. Eu estarei pendente das vosas respostas.