Friday, August 8, 2008

A flor máis grande do mundo

Un rapaz curioso e ansioso por ver o mundo que hai ó seu redor adéntrase valentemente “no planeta Marte, efecto literario do que o neno non ten responsabilidade”-para entender isto ler o conto de Saramago, que circula por Internet- e vislumbra unha flor marchita á que altruistamente leva agua en sucesivos e interminables viaxes facendo unha cavidade cóncava coas súas mans para transportar o líquido elemento. A flor alcanza o tamaño dunha árbore e recompensa ao rapaz coa súa fermosura e co seu amor. Ao final tes ganas de volver a visionar a curtametraxe, chea de simbolismo, e faraste a seguinte pregunta: que pasaría se as historias escritas para nenos foran leídas por adultos?

No comments: