A adaptación a unha sociedade moi diferente, lonxana en espazo e a maioría das veces en tempo-aínda que sexa estraño, creo que cada lugar do mundo ten unha idade diferente- sempre foi conflictiva, e os galegos sabémolo, aínda que os da miña xeración só sexa a través dos pais ou dos avós. Pero hai unha diferenza entre un galego que emigrou a Suiza alá por 1972, por exemplo, ou un galego que embarcou camiño das Américas tempo máis atrás, e os emigrantes como a de "Cafés de Papel". E é unha diferenza que se ve ao instante, unha característica indeleble que moitas das veces acarreálles máis que unha mala ollada ou unha agresión verbal, e todo por estereotipos que a sociedade é incapaz de derrubar. Chegan do seu mundo facendo unha sorte de viaxe espacial e atópanse con extraterrestes, e todo coa ilusión de integrarse entre eles, pero esa vontade vese truncada ás veces, sexa por unha multitude de xente ou por un só, e por isó son de papel, de fino papel de Biblia. Esperemos que á muller da curtametraxe lle vaia ben.
Monday, September 1, 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment