Ao estalar a Guerra Civil en España e caer ao primeiro sopro de vento Galiza en mans dos sublevados moita xente atopouse irremediablemente baixo o ollo inquisidor dos da camisa azul, os que para contruir unha España grande e libre como a que veu máis tarde afanáronse en limpar o comunismo e a masonería, que vían ata en soños. Aos personaxes de 1936.Ribadeo sucedeulles unha cousa similar, e atrapados tráxicamente entre o azul do mar e os sublevados que os cercan, sen gardar esperanzas, comezan a falar, unha conversa de mortos, de última sinceridade co camarada que te acompaña e co que vas morrer. Pero ao fin aparece unha luz ao final do túnel, e é unha luz de espranza, a partir dun golpe de sorte, e as ansias dun futuro mellor confírenlles forzas para escapar a través de túneles feitos a forza de vontade. E así foi como se fixeron os acantilados góticos da praia de As Catedrais, cos soños de liberdade de moitísima xente.
Friday, October 3, 2008
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment